A Asociación Micolóxica Andoa, que conta ata a data con 80 socios, foi fundada o 29 de novembro  de 1996, como consecuencia da inquedanza polos cogumelos, amosada nos participantes da Semana Micolóxica organizada polo Concello de Cambre.

Os obxectivos da asociación son, entre outros, difundir a cultura dos fungos. Aínda que a proximidade física con eles é evidente, debido ó hábitat arbóreo e ó clima temperado e húmido, a simpatía cara estes seres, nin animais nin vexetais, non se amosa de igual xeito.

Neste sentido pretendemos concienciar á xente da importancia deles para a biodiversidade, e instala na preservación do medio natural.

No último ano o abanico de actividades abriuse tamén, cara outros aspectos cos que Andoa pretende quitar o medo e as apatías cara este apaixoante reino dos fungii.


Queremos divulgar entre os vecinos as características dos cogumelos, incluíndo una vertente científica e sen esquecer, como non, a culinaria.

A micoloxía é outro xeito de coñecer o hábitat de Galicia, xa que nas saídas ós montes e fragas galegas, non  só atopamos os fungos, senón que aprendemos a distinguir as árbores e arbustos que acompañan a cada un deles. É unha forma de turismo rural pero, ademais de contemplar a beleza das paraxes naturais máis próximas, aprenderemos de que están constituidos.

No último ano o abanico de actividades abriuse tamén cara outros campos da educación mediambiental, e pensamos seguilo facendo nesa dirección. Esperamos que, con todo aprendido, nenos, mozos, e xente madura poidamos respetar e gozar da natureza en xeral e da micoloxía en particular.