Queridos andoeir@s:

        

SAIDAS DE OUTONO :

 

         Como sempre, ainda que non está de mais voltar a recordalo, as saidas fanse sempre seguindo          as siguintes normas, para que todo saia como ten que sair :

         . Cada un ten que contactar con ANDOA ( 699 150 369 ) a mais tardar, o Xoves anterior a           cada saida, para poder facer unha boa previsión de cantos somos e que cousas precisamos.

         O contacto farase mandando, preferentemente, un SMS telefónico precisando o nome        da    persoa  que vai a        saida. Como é un socio de ANDOA o que atende as    vosas        chamadas, tentaremos restrinxir o horario de atención a xente das 19:30 as        21:30       horas.

         . Cada un levaría a súa comida, se non se indica o contrario vía carta da Asociación. No caso          de que comésemos nalgún lugar por encargo, ó chamar para confirmar a asistencia          informaríase tamén si se come no lugar concertado ou non.

         . A saida sempre será dende o campo da Feira de Cambre as 9:00. a puntualidade é          importantísima para que todo saia ben para todos e evitar que calquera actividade   organizada pola vosa asociación escomence mal.

         . Se na carta non se indica que sairemos en bus, entenderase sempre que cada quen se          despraza no seu coche particular, ainda que no punto de partida nos xuntaremos no menor          número de coches posible.

                                      

Sábado 24 de Outubro: O INCIO

 

Sábado 31 de Outubro:

 

       Co obxeto de levar a cabo a Exposición Micolóxica de Cambre, diferentes membros da           Asociación van a facer unha búsqueda de exemplares en diversos hábitats. Se alguén quere ir

         acompañado ou en grupo, algúns de nós imos a DANEIRO (Zas).

         As setas recolectadas nos diversos hábitats, que teñan como destino a exposición Micolóxica,

         deberán achegarse ao local de ANDOA a partir das 17:00h. do Sábado 31 de Outubro.

         Lembrade que os exemplares que aportedes terán que estar en perfecto estado, e millor bós

         exemplares de poucas especies que moitas especies en malas codicións.

         Cada un dos grupos que vaian a buscar exemplares, non aportarán mais de dous exemplares

         Perfecto estado de cada unha das especies recolectadas.

 

Sábado 7 de Novembro: ZAS

 

Domingo 15 de Novembro: O INCIO

 

Sábado 21 de Novembro: VILASANTAR

 

Domingo 29 de Novembro: XAVIÑA (CAMARIÑAS)

         Se todavía tes que pagar a túa CUOTA do 2009, lembra que a conta de ANDOA é   Caixa          Galicia         2091.0048.93.3040004953. Indicando     nome e apelidos do socio a hora de facer-lo       ingreso, e lembrade tamén que a cuota actual é        20€.

 

*********************************************************************

 

A Barcala-Cambre a 6 de Abril de 2009

 

            Queridos andoeir@s:

            Comunicarvos a nova directiva elixida na derradeira Asemblea Xeral de socios celebrada o Domingo 22 de Marzo de 2009.

 

            Cargo                                  Nome

 

            Presidenta:                         Marité Prieto Miramontes

            Vicepresidenta:                   Yolanda Otero Muñiz

            Tesoureira:                         Lucía Vazquez Abeijón

            Secretario:                         José Ucha Calvo

            Vocal:                          Mª Magdalena Sánchez Carabel

            Vocal:                          Gloria Fernández Fernández

            Vocal:                          Josefina Tapia Bermejo

            Vocal:                          Aurelia Armesto López

            Vocal:                          Carlos A. Ruibal Abeijón

            Vocal:                          José Rodríguez Barcia

            Vocal:                          José Rodríguez Añón

            Temos que facer o esforzo de pornos o día dos nosos pagamentos, lembrade que o número de conta é : Caixa Galicia 2091.0048.93.3040004953 indicando nome e apelidos do socio a hora de facer o ingreso, e lembrade tamén que a cuota actual é 20€.

            Sábado e domingo 25 e 26 de abril: AS ALGAS MARINAS

O sábado 25 as 19:00 no local social de Andoa, na Barcala, levaráse a cabo as xornadas de algas do 2009. Este ano, non haberá conferencia “o uso”, e  Javier Cremades, coa colaboura dalgún dos nosos socios ou amigos, levará a cabo un pequeño taller de recoñecimento de especies, usos, conservación e cociña dos mesmos.   As personas que non sexan socios de Andoa , pagarán 5€. O día seguinte, domingo saíremos a coller especies o litoral marítimo, a Costa da Morte, Muxía. Recordámosvos a importancia de levar roupa e calzado axeitados; e muda por se “hai remollóns”. Limitarémonos as algas olvidando cefalópodos e moluscos varios. Ainda así lembrade que é unha actividade regulamentada. Utilizaremos autobús á prezo de 6€ por socio, subvencionando Andoa unha parte. Os que aínda non sexan socios e invitados pagarán 12€. O bus sairá arredor das 9 Do Campo da Feira en Cambre. Comeremos no restaurante dos Muiños (intentaremos menú económico), cada quen paga o seu, e como sempre é necesario confirmar a túa presencia, e se tes pensado comer no restaurante.

Chamar para apuntarse hasta o lúns 20 de Abril ó teléfono de Andoa a partir das 6 da tarde. Neste ano, seremos máis serios cos prazos para apuntarse, pois o facélo tarde, trae consecuencias de desorganización e da traballo engadído a quen se ocupe desas tarefas.

PRIMAVEIRA                          Sábado 16 de Maio: Saída para visitar os Restos Megalíticos na zoa Monumental da Comarca de Bergantiños

            Sairemos en bus as 9h dende o Campo da Feira de Cambre. Visitaremos restos megalíticos tentando por en valor a nosa ancestral cultura, e coñecer un pouco mellor as forma de vida dos nosos devanceiros. Utilizaremos autobús á prezo de 6€ por socio, subvencionando Andoa unha parte. Os que aínda non sexan socios e invitados pagarán 12€. Comeremos nun  restaurante (intentaremos menú económico), cada quen paga o seu, e como sempre é necesario confirmar a túa presencia e se tes pensado comer no restaurante.

Chamar para apuntarse hasta o mércores 13 de Maio ó teléfono de Andoa a partir das 6 da tarde.

 

A Directiva

 

*********************************************************************

Cambre, a 10 de Novembro de 2008

 

Benquerídoa Andoeiros/as:

Informámos das vindeiras actividades:

 

NOVEMBRO:  

*Domingo 16                                       O Incio           

*Sábado 22,                  Fisterra

*Domingo 30                  Xaviña (Camariñas)

 

DECEMBRO (Ponte da Constitución)  5,7,8

Durmir en albergue: (levar sabas, ou sacos) custa 3,50 , nunha sala corrída, con duchas e baños colectivos. Para xente que prefíra mais intimidade: hai na zona pensións por módicos prezos….entón vos mesmos reservaredes.

Almorzos e ceas: no baixo de casa de  Eulogio e Dora

Festa da Freba: Festa popular que se celebra  nun pobo do lado, (Carpa onde se cea en enormes mesas: callos, chourizos asados, “Frebas” asadas en parrillas, viño, bica, licor café, con orquestra “popular”…..

Tickets para a festa da Freba: Hai dificultades para conquerílas, temos asegurados 30, que se reservarán facendo un ingreso na conta de Andoa, polo importe de 10 €, ate rematálos, poñendo nome e concepto. Data tope: 25 de Novembro.

As saídas o monte na zona, serán para apañar cogomelos, ou para coñecer algún roteiro que Julio o sobriño de Eulogio nos terá disposto. Xantaremos no  monte, ben de bocata propio o pirmeiro día, ben deliciosos chourizos asados nunha lumerada no monte (en tempo de inverno, non faremos correr risco de incendio)

O prezo por día será de 10€, (Convidados 15 ) isto cubrirá todo o que atinxe a alimentación. Comidas soltas, serán 5€. (convidados 7,50 ) Nenos a metade. Aparte o de durmir, e mailo xantar do sábado que será o que levemos da casa. Chegaremos aló, deixaremos as cousas onde proceda, e saíremos directamente o monte. Quen chegue tarde, terá que entreterse por alí, pois será dificil situalo para que nos atope. Tedes que levar, coma sempre: útiles para xantar, ( preferiblemente reutilizabeis)

Un ano mais lembrar, que é absolutamente imprescindible, que se colabore en todo, en turnos rotatorios, pois non teremos empregados que nos fagan nada: todo dependerá de nos. Se non somos puntuales,  crearemos malos rollos, impedindo a boa realización de actividades, e comunicaremos por teléfono calquer cambio, ou incidencia , sen tomar decisións pola nosa conta. O noso “refectorio”, en casa de Eulogio-Dora, deberá quedar “empatenado” cando rematemos calquer papatoria…e listo para a vindeira: perfecto estado de revista.

Sábado: Estaremos en Vilamartín de Valdeorras, como hora tope: as 11:30 xa listos para partir o monte, Xantar no mesmo, e o anoitecer volta para cear, ou ben ir a festa da freba.

Domingo:  Almorzo, Ruta polo monte, e xantar os chourizos o espeto, volta e cea.

Luns: Almorzo, roteiro polo monte, xantar e volta para A Coruña

Data tope para inscricións: 25 de Novembro

Horario de saídas: 9 da mañán do Campo da Feira de Cambre, agás a de Vilamartín: que teredes que asumir pola vosa conta….haberá que madrugar.

 

Andoa, conta en Caixa Galicia: 2091.0048.93.3040004953 Lembrade de por o concepto, e nome do socio.

Saúdos,

 

 A Directiva de Andoa                                                                                                                                                                                                                                                                                                    

A Barcala-Cambre a 3 de Marzo de 2008

 

            Queridos andoeir@s:

Comunicarvos a nova directiva elixida na derradeira Asemblea Xeral de socios celebrada o día 17 de febreiro de 2008.

 

            Cargo                           Nome

            Presidenta:                  Marité Prieto Miramontes

            Vicepresidenta:                        Yolanda Otero Muñiz

            Tesoureiro:                  Juan Antonio Martínez Fernández

            Secretaria:                  Susana González García

            Vocal:                          Mª Magdalena Sánchez Carabel

            Vocal:                          Gloria Fernández Fernández

            Vocal:                          Josefina Tapia Bermejo

            Vocal:                          Aurelia Armesto López

            Vocal:                          Carlos A. Rubial Abeijón

            Vocal:                          José Rodríguez Barcia

            Vocal:                          José Rodríguez Añón

Como vedes poucos cambios, Ramón Suarez-Pumariega, por obrigas de bon pai, non podía seguir na directiva, pero sabemos que contaremos con el de seguro, aínda que non figure no listado, xa o ten amosado noutras ocasións: Gracias Ramón. Pola contra entra José, que éste estrea cargo de pai: Simoneta aparecerá calquera día gateando polo local, Norabóa ós felices proxenitores.

Acordóuse subir a cuota a 20€, así quen xa fixera o abono de cota, pode facer un complementario, indicando  no ingreso

Llembrar o número de conta: Caixa Galicia 2091.0048.93.3040004953 indicando nome e apelidos do socio.

Propúxose que as compras que fagan os socios (si queran) de material de papelería se pida a factura a Nome de Andoa. Aptdo. Correos 244. 15660 Cambre. CIF: G15586381  co fin de xustificar gastos para obter subvencións.

Unha vez máis pedimos que  quen teña fotos as envíen á asociación ou a Carmen e Malena as seguintes direccións:

andoadecambre@yahoo.es , malenacarabel@yahoo.es , carmenworld@gmail.com, sabedes da importancia de ter fondos para logo facer unha xornada adicada o visionada das mesmas.

PRIMAVEIRA

Sábado e domingo 5 e 6 de abril: AS ALGAS MARINAS

O sábado 5 as 20:00 no local social de Andoa, na Barcala, levaráse a cabo a 1ª xornada de algas do 2008. Como novidade, este ano, non haberá conferencia “o uso”, e  Javier Cremades, coa colaboura dalgún dos nosos socios ou amigos, levará a cabo un pequeño taller de recoñecimento de especies, usos, conservación e cociña dos mesmos.   As personas que non sexan socios de Andoa ¡,pagarán 5€. O día seguinte, domingo saíremos a coller especies o litoral marítimo, a Costa da Morte, entre Camelle e Aróu. Recordámosvos a importancia de levar roupa e calzado axeitados; e muda por se “hai remollóns”. Limitarémonos as algas olvidando cefalópodos e moluscos varios. Utilizaremos autobús á prezo de 6€ por socio subvencionando Andoa unha parte. Os que aínda non sexan socios e invitados pagarán 12€. O bus sairá arredor das 9 Do Campo da Feira en Cambre. Comeremos pola zona (intentaremos menú económico), cada quen paga o seu, e como sempre é necesario reservar o restaurante.

Chamar para apuntarse hasta o venres 28 de marzo ó teléfono de Andoa a partir das 6 da tarde. Neste ano, seremos máis serios cos prazos para apuntarse, pois o facélo tarde, trae consecuencias de desorganización e da traballo engadído a quen se ocupe desas tarefas.

Domingo 20 de abril Saída ó Parque Natural de Catasós en Lalín

Sairemos en bus as 9h dende o Campo da Feira de Cambre. Visitaremos o Mosteiro de Carboeiro, Fervenza do río Toxa (Iremos andando dende este fermosísimo mosteiro ate o pé da fervenza) e, despois de xantar: a Fraga de Catasós. Comeremos en Lalín (intentaremos prezos económicos) por conta de cada un….andamos pensando en un cocído

Sábado 24 de maio Cogumelos de primaveira. Saída a praia de Reira en Camariñas.

Iremos en bus coas mesmas condicións que fixamos antes. Saída as 9:30 do campo da feira.

 

….De momento van estas, pero aínda haberá máis cara o veran. Saúdos a todos,

 

A Directiva

 

 

*********************************************************************

Cambre, a 01 de Febreiro de 2008

 

Asemblea Xeral Ordinaria

 

 

Benqueridos Andoeiros:

 

Chegado o final de ano, pasamos a facer a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria que corresponde ó ano 2007. Será o domingo día 17 de febreiro de 2008, na nosa sede, na Barcala, Cambre. A celebración será as 12:00 horas, en pirmeira convocatoria, e as 12:30 horas, en segunda convocatoria, co seguinte orde do día:

·         Lectura e aprobación da acta do 14 de Xaneiro de 2007.

·         Estado de contas do ano 2007.

·         Aprobación do orzamento para o ano 2008.

·         Propostas de plan de actuación para o ano 2008.

·         Renovacións de cargos da xunta directiva.

·         Rogos e preguntas.

 

Lembramósvos, que para ter dereito a voto, e necesario estar o corrente do pago da cota do ano 2007, alomenos 24 horas antes de celebrarse a Asemblea Xeral.

 

Sempre que sea posible realizade os pagos na conta de andoa:

Andoa, conta en Caixa Galicia: 2091.0048.93.3040004953 Lembrade de por o concepto, e nome do socio.

 

Como sempre, aproveitando  ésta circunstancia,  ó remate da mesma, tomaremos uns aperitivos.

 

Temos que facer un calendario das vindeiras actividades que se levarán a cabo no 2008 e necesitamos propostas para intentar deixar cerradas polo menos as de primaveira e verán, e ir traballando nas de outono e inverno

            

Traballade en idéas, para debatílas, ¡esperámosvos!

 

 

Saúde para todos/as

 

 A Directiva de Andoa

**********************************************************************

Cambre, a 12 de Setembro de 2007

 

QueridosAndoeiras, e Andoeiros:

E chegado o momento, de pensar que estas caloriñas non han ser de dura...,  así que haberá que buscar choibasqueiros, botas, e a esperar que agromen os nosos querídos fungos. Pasamos pois a información:

Semana Micolóxica de Cambre: Do 1 ó 7 de Outubro: Centro sociocultural da Barcala, 20:00

Como sabedes, esta  é unha iniciativa do concello dende hai 16 anos, na que Andoa colabora organizando todo. Os Andoeiros que acudan, terán unha bonificación por parte de Andoa de: 6 €. Inscricións no Departamento de Cultura do Concello.

INICIACIÓN:

*Luns 1 Bioloxía dos Fungos

Martín Souto Souto      Biólogo e membro de Andoa

*Martes 2        Cogomelos mais comúns de Galicia   : Tóxicos e comestibles                                                                                                                               Alfredo -Xusto             Doutor en Bioloxía      

*Mercores 3 Tratamento dos Cogumelos: Dende o monte a mesa                                                                                                                                     José Rodriguez Añon   Membro de Andoa

PERFECCIONAMENTO:

*Xoves 4          Xénero Agaricus en Galicia

                        Jaime Blanco Dios        Grupo Micolóxico Galego

*Venres 5         Ascomicetes: Morfoloxía e especies mais comúns

                        Martín Souto Souto      Biólogo e membro de Andoa

*Sábado 6       Visita a explotación sobre cultivo de cogomelos”Muiños”

*Domingo 7      Saída ó monte para determinación de especies “in situ” a Area Recreativa San Xoán de Guitiriz.

                        Alvaro Martiañez         Membro de Andoa

SAÍDAS PREVISTAS: As 9:00 do Campo da Feira de Cambre, namentras non se indique o contrario

Setembro:

Sábado 29:      Serra da Gañidoira (Zona de Pontes de Gª Rodriguez)

Outubro:     

Domingo día 7: San Xoán de Guitiriz (Neste día irán os que acudiron a Semana Micolóxica do Concello de Cambre, e pensamos que é unha oportunidade para acompañá-los.

Días 12,13,14:   Valdeorras. Este ano, pensamos que a posibilidade de disfrutar dos caducifolios por Ourense cedo, podía ser interesante. Avisamos que se non chovera dabondo, é posible que non atopemos moito.....¡hai que arriscar! Será como sempre en albergue en Vilamartín, o prezo por socio será de 10€ diarios, e os convidados 15€. Un dos días, para quen queira apuntarse, temos pensado ir a tomar caza a un restaurante da zona, esto a conta dos particulares. Lembrade que haberá que levar xantar para o 1º día. Convén xuntarse con outros socios para completar coches.

Domigo 21:       No parque da Igrexa de Cambre, levaremos a II Exposición Micolóxica, nunha carpa instalada onde facíamos a Degustación. O mesmo tempo, 12 hosteleiros de Cambre, a proposta de Andoa, levarán a cabo a oferta de tapas e menús que leven cogomelos, a prezos populares. É día de feira, e coidamos que non ha resultar mal. Era unha pena perder o que xa case era unha tradición. Sabemos que non é o mesmo, pero así manteremos vivo o espiritu inicial. Lembrade que a colaboura dos socios, é unha vez máis, o millor valor que podemos ter as agrupacións. Anotádevos para colaborar na colleita, e montaxe, chamando o teléfono de Andoa.

Sábado 27:      Zona de Zas-Vimianzo

Sábado 27:      Cea anual de Andoeiros. Aínda o temos sen decidir totalmente, pero case seguro que nese día nos vemos nunha paparota. Andoa sufragará unha parte. Avisaremos a tempo.

Luns micolóxicos: A partir do día 24 deste mes abrimos a tempada de indentificación. Dende as 19:30 as 21:00 no local de Andoa.

Pois isto, e o que de momente vos adiantamos. Non olvidedes propoñer as vosas ideas, e acudide calquera luns que vos apeteza

Saúdos amigos, esperamos que vos guste o avance de tempada.

 

A Directiva

**********************************************************************

A Barcala-Cambre a 1  de Agosto de 2007

Queridos andoeiros/as: Despois dunhos pouquiños atrancos, ahí vai a proposta de actividade nocturna cara a ollar ese universo que temos enriba de nos, e nembargantes descoñecído en canto os seus aspectos mais básicos. Moitos sabedes que tiñamos pensado facélo o día das lágrimas de San Lourenzo, pero nese día non poderíamos contar con acompañantes expertos que nos guiaran axeitadamente. Así que o día para Andoa, será o  venres 17 de Agosto na área recreativa de San Xoán en Guitiriz, e a razón, como podedes supoñer, e por ser un lugar de pouca contaminación lumínica, e que permite por tanto unha maior calidade en canto a observación astronómica. Leváde roupa de abrigo, calzado axeitado, e aparellos que faciliten a laboura: prismáticos, quen teña telescopio, pois ¡tamén! A meirande parte de vos, coñecedes o sitio, pois é un referente para ir buscar cogomelos, e pola autovía chegase nun volado. Quedamos alí as 22:00. Quen non saiba ben como chegar, pode achegarse as 21:00  a Barcala (no aparcamento de Eroski), xa que Cambre estará en plenas festas, sendo imposible aparcar polo centro, e dende alí partiremos os que viaxemos por xunto. O noso guía será Oscar, presidente da Asociación Astronómica “Io”, a proposta do noso socio e amigo Alfonso Defez, e de Isabel Gutierrez

Temos que  comunicarvos que neste ano non se levará a cabo a Degustación de Cogomelos, xa que entre outras cousas  non podemos dispor da cociña do colexio público Wenceslao F. Flórez, por ter o comezo de curso antes que en anos pasados, e a imposibilidade de simultanear a nosa actividade coa propia da cociña escolar. Aínda así pensamos levar a cabo  actos de outono, nos que oportunamente vos iremos avisando. Unha das ideas e levar a cabo unha exposición no centro de Cambre, nunha carpa ó efecto, e que pode levar asociadas outras actividades. Para todo elo, contaremos coa vosa imprescindible colaboura, e contamos co aporte de ideas que nos axuden para o vindeiro outono, pois como sabedes o tempo pasa e hai que ir centrando o proxecto para leválo a bon término. Queremos tamén  aportacións de roteiros para os fins de semán… queremos oírvos, para poder atender millor a todos. E respecto de “degustacións” xa iremos pensando para retomar algunha “paparota” para celebrar entre todos encol dun bon prato, e con boa compaña.

Aproveitamos dende aaquí para felicitar a Carmen e a Javier Casal, e como non a Juan, pois a familia incrementóuse e agora contan con un novo membro ¡moitas felicidades!.....e outros socios están en fase de espera… así que o xermolo de xente nova vai estando garantída

Na derradeira carta, puxemos os  puntos a lembrar para o funcionamento axeitado de Andoa, así que agora non o repetiremos, pero a soliedariedade, a puntualidade, e o contacto co tlf 699150369. de Andoa ante calquer problema deben estar sempre presentes.

O correo electrónico de ANDOA e: andoadecambre@yahoo.es , podedes mandar a vosa dirección de correo electrónico para recibir información, modificar algún dato da ficha de socio ou comunicarse con ANDOA, e por suposto mandar suxerencias.. Asímesmo, pedímosvos que nos actualicedes os números de tlf  móvil, si dispoñedes deles, (podedes mandar unha mensaxe de texto co número) e de enderezo electrónico.

A páxina web de ANDOA e: www.andoadecambre.com.es  e nela podedes consultar información da asociación, actividades e as circulares que se envían ( pero ainda estamos en obras)

Estamos seguros de que algunha destas actividades será do teu agrado, nos esa intención levamos.

 

Saúdos ¡por fín!  calorosos de verán.

 

           

 

A Directiva

**********************************************************************

A Barcala-Cambre a 4 de Maio de 2007

 

Queridos andoeiros/as: enviámosvos as propostas para esta primavera-verán nas que traballamos:

 

 Sábado 26 de Maio FUNGOS PRIMAVERAIS: Fragas do Eume

Como sabedes, chega o momento de levar a cabo unha saída na procura de atopar especies como as morchellas…..así que se nonas atopamos, alomenos gozaremos da contorna. As 10:00 horas saída ó Mosterio de Caaveiro. Iremos en vehículos particulares, levando cada un a súa comida. Deberedes de anotarvos antes do día 23 ás 22:00horas.

 

Sábado 9 de xuño PLANTAS MEDICINAIS: Saída a determina-las: Cecebre, ( Fraga do Bosque Animado,río, encoro, etc.): Guía: Antonio Rigueiro

As 10 da mañán, quedaremos no Apeadeiro de Cecebre, deixando alí os coches, e comezando un roteiro que nos levará por diferentes lugares de Cecebre. Entregaráse un resumo da charla do ano anterior, e iremos vendo, collendo e determinado a flora da zona. Convén levar en que meter o colleitado para un taller que se levará o remate, coa finalidade de reforza-lo aprendído na saída. Acompañaranos Antonio Rigueiro, enxeñeiro forestal, e autor de publicacións relacionadas co tema.

 

Domingo 1 de Xullo: RUTA BETANZOS-CANEIROS

Iremos coma sempre na embarcación do Concello de Betanzos,sáese  do Paseo da Tolerancia, avisaremos da hora cando vos apuntedes. Cada un leva a o seu xantar, Andoa aportará a bebida e o postre. Conven achegarse a Betanzos co tempo necesario para aparcar. O número de prazas é de 60 persoas máximo, e cubriránse da seguinte maneira: Ate  o día 25 de Xuño, aceptáranse  reservas para socios,  e a  partíres desa data, e ate  o 28 de Xuño só se  cubrirán as prazas vacantes, con convidados. Admítese, como máximo unha reserva de invitado por socio.

O prezo é de  5€ por persoa, subvencionando Andoa unha parte, os convidados pagarán 12€. Ó se-lo número de prazas limitado, cubrirá nse por orde de reserva, e con preferencia os socios.

 

NOITE DE ESTRELAS:

En AgostoAdiantamos que para o mes de agosto, aproximadamente sobre o venres 10 que son as “Lágrimas de San Lorenzo” (choiva  de estrelas fugaces), programaráse unha saída nocturna a ve-las estrelas. Seredes informados a tempo de ello.

RECORDATORIO DO FUNCIONAMENTO DE ANDOA

Lémbroche que é moi importante a puntualidade, e estar anotado e confirmado á saída que se queira asistir: fáise chamando o móvil de Andoa (699150369) en horario de 18:00 a 22:00 horas, tamén podedes mandar un SMS, solicitando confirmación.

Funcionamento dos xantares: Cada persoa que vaia a calquera actividade que leve aparellado algún tipo de xantar ou cea: deberá de levar sempre: prato, vaso, cubertos, servilletas, etc., aconsellamos que sexan reutilizabeis, por unha cuestión de responsabilidade medioambiental, asimesmo o seren actividades que desenvolvemos entre todos, solicitamos a vosa aportación-colaboura, indispensable por outra banda. Asimesmo tentaremos deixar onde estivemos, en condicións iguais ou millores de cómo as atopamos, maiormente se o lugar pertence a un particular, que amablemente nolo facilitóu.. Tamén debedes de ter en conta, que se chegades tarde, ou vos perdedes, seredes responsanbles de poñervos en comunicación cos responsables da saída, xa que a inversa supón un atranco enorme cara a cumpli-los horarios da actividade.

Cando se chegue ó lugar onde se vaia a celebrar algo: non marchedes, xa que seguramente imos precisar de organizar horarios, formas de desprazarse, etc. Esperar pois, a que nos organicemos, e non que os guías teñan que chamar por vos.

O correo electrónico de ANDOA e: andoadecambre@yahoo.es , podedes mandar a vosa dirección de correo electrónico para recibir información, modificar algún dato da ficha de socio ou comunicarse con ANDOA, e por suposto mandar suxerencias.. Asímesmo, pedímosvos que nos actualicedes os números de tlf  móvil, si dispoñedes deles, e de enderezo electrónico.

A páxina web de ANDOA e: www.andoadecambre.com.es  e nela podedes consultar información da asociación, actividades e as circulares que se envían ( pero ainda estamos en obras)

Estamos seguros de que algunha destas actividades será do teu agrado, nos esa intención levamos.

Saúdos do mes de Maio,

                                                               A Directiva

**********************************************************************

Cambre, 28 de Febreiro de 2007

 

Queridos Andoeiras, e Andoeiros:

 

Informámosvos das vindeiras actividades de primavera:

 

Sábado 17 de marzo: AS ALGAS MARINAS

As 20:00 horas Javier Cremades (profesor titular da Universidade da Coruña, Laboratorio de algas marinas) impartirá unha conferencia, no salón de actos do local cultural de A Barcala, sobre as algas das costas galegas. Complementarase cunha saída o domingo 18 de marzo a unha zona aínda  sen determinar para ver estas plantas acuáticas no seu hábitat natural. Recordámosvos a importancia de levar roupa e calzado axeitados; e muda por se “hai remollóns”. Limitarémonos as algas olvidando cefalópodos e moluscos varios. Utilizaremos autobús á prezo de 6€ por socio subvencionando Andoa unha parte. Os que ainda non sexan socios e invitados pagarán 12€.   O bus sairá as 9:00 do Campo da Feira en Cambre. Comeremos pola zona (intentaremos menú económico), cada quén paga o seu, e como sempre é necesario reservar o restaurante. Aproveitaremos a oportunidade de facer algunha visita de interés a outros elementos descatados da zona, se é que posible. Este ano a maréa será máis cedo, co cal tentaremos ir máis ou menos cerca, e decirvos, que xa deberíamos ir coa roupa de “faenar” dende Cambre, pois cando cheguemos o mar, éste comenzará a subir, e deste modo non perderíamos o tan preciado tempo, ¡tédeo ben en conta!

Chamar para apuntarse hasta o xoves 15 de marzo ó teléfono de Andoa a partir das 6 da tarde.

 

Venres 13 de abril: CARACOIS

O venres 13 de abril as 20:00, conferencia de Marta Pérez Folgueira sobre caracois. Esta charla poderá completarse cunha saída ó día seguinte sábado a primeira hora da mañá a recollelos (se o tempo é adecuado), desta informaráse o venres na charla. Tamén será a ocasión  de poñer data para unha  sesión gastronómica.

 

Sábado 14 de abril: ADEGA EN BETANZOS

O sábado 14 de abril en Caresma, zona da Espenuca, haberá unha comida nunha adega, a escote, beberemos o viño da zona, e asaremos churrasco, o precio estimativo 12 € mais o menos. Quedaremos para ir xuntos (quen queira) no parque do Pasatempo en Betanzos as 13:30. Prégase puntualidade.

Chamar para apuntarse hasta o mércores 11 de abril.

 

Fin de semana do 28 e 29 de abril: MINERAIS E FÓSILES

A fin de semana do 28 e 29 de abril levaremos a cabo  unha saída a Valedorras a coller minerais e fósiles, cunha charla previa, que nos dará o amigo Pepe, de Vilamartín, posuidor dunha enorme colección privada de minerais, tanto da zona, coma doutros lugares. Haberá que levar comida para un día e o prezo da noite no albergue será de aprox. 5€, engadindo outros 12 eurillos para o almorzo, e xantar da seguinte xornada.

Chamar para reservar antes do venres 20 de abril.

Abonda con decir, que non deixedes para o remate o tema dos avisos, e se mandades sms, éstos serán contestados pola persoa de Andoa que teña nese momento o telefonillo.

…..UFFFFF!!! iso é todo ¿non vos queixaredes?....que para Maio: ¡Máis!....pero xa volo contaremos… Bueno, vále: que os Caneiros serán celebrados por Andoa o Domingo 1 de Xullo.

                                     

 

A Directiva

**********************************************************************

A Barcala-Cambre a 26 de Setembro de 2006

Benqueridos Andoeiros:

 

Despois da exitosa degustación micolóxica celebrada o pasado día 17 de setembro en  Cambre, facemos un balance positivo sen dúbida algunha, gracias a colaboura de todos/as,  e gracias sobor de todo ó noso director-chef, que como sempre, estivo  tan acertado.  ¡Gracias!  Porque entre todos conseguimos levar adiante unha tarefa, que resulta complicada, e ás veces oculta;  porque non é so aquelo que se ve o domingo de feira, senón que os traballos previos, xa comezan  no principio do verán, programando, solicitando permisos, facendo múltiples xuntanzas, tanto da nosa organización, como coa administración local. Temos tamén moitos tropezos, pois un pequeno cambio de data pode dar ó traste con todo, xa que a combinación de diferentes administracións, non sempre resulta fácil. Hai que facer múltiples compras, facer innumerables chamadas telefónicas… moito que fregar na cociña do Colexio que nos ceden; e todo eso, ilo combinando coa organización da Semán Micolóxica do Concello (máis do mesmo), e por último, pero non menos importante: os nosos propios actos de asociación: xuntanzas, elección das nosas saídas, luns micolóxicos…E todo, nun corto espazo de tempo, pois xa sabemos que dende Setembro a Decembro ocorre  de todo no mundo micolóxico.

Queremos facervos partícipes de todolos pasos que Andoa debe acometer  para facer posible que esta asociación funcione, e por suposto facervos ver a importancia que ten a vosa participación, e axuda.

LUNS MICOLÓXICOS

Xa funciona este servizo de identificación, a partíres das 7:30, tamén nos xuntamos a directiva, hai tertulia…¡ven!

Bueno, é despois deste enorme preámbulo, pasamos a comunicar as vindeiras saídas:

OUTUBRO

Día 7  (sábado)                    Zás                                       

Día 15 (domingo)                 Vilasantar

Día 21 (sábado)                   Forgoselo

Días 27,28,29,30                 EXPOSICIÓN MICOLÓXICA NA BARCALA

Cómo sabedes, por anteriores carta, xa vos comunicamos que Andoa, levaría a cabo unha exposición no centro municipal da Barcala, para elo teremos que contar coa vosa colaboura, e como vedes adicamos varios días a súa preparación. Será no auditorio, e haberá que colocar as mesas, e adornálas con elementos outonais, e medioambientais oportunos. Tamén tentaremos levar a cabo cos centros de ensino do Concello, unha colaboura neste senso, mediante visitas dos escolares o luns día 30, e un concurso de debuxo para os rapaces, que teña o medioambiente como eixo, e que inclúa cogomelos. O día propio da exposición será o domingo día 29, pero os días 27 e 28, serán de preparación e de recolección de exemplares: Aquí entrádes todos vos, xa que toda axuda será pouca, e haberá que abarcar unha gran extensión xeográfica, para que a exposición sexa de calidade. Contamos con vos unha vez máis.

                NOVEMBRO

                Días 4,5                                 Bierzo (Esta saída está sen confirmar que se poida celebrar xusto neste fin de semán, pero intentaremos que así sexa)

                Día 12 (domingo)                 O Incio

                Dia  18 (sábado)                                  A Gañidoira (Lugo)

                Día 26 (domingo)                 Xaviña (Camariñas)

                DECEMBRO

                Ponte da Constitución                       Valdeorras

Pode ocurrir, que a pesares do programado, existan pequenos cambios, xa que a metereoloxía, e outros avatares, obrigan as veces a ser flexibles na nosa programación.

Lembráde que as saídas, serán as 9:00, do Campo da Feira, que hai que anotarse chamando o teléfono de Andoa, tendo o xoves de límite,  que nas saídas  se te quedas a xantar, debes de levar da casa o necesario, tanto de alimentación como de menaxe. Dado que a meirande parte das saídas son en autos particulares, é interesante, sempre e cando exista interés, compartir ós mesmos; pero deberan de compartirse tamén os gastos. Asimesmo procurar turnarse noutras ocasións, no uso do coche, ou alomenos facer o ofrecemento ás persoas que antes compartíron con nos. Este ano procuraremos tamén cociñar de forma sinxela exemplares dos colleitados, para elo haberá tamén que axudar na preparación.

Finalmente, lembrarvos, que se tedes algunha suxerencia, facédea chegar. Se non vos chegan as cartas, avisádenos; e se modificades algún dato, igual. Tamén os números de móviles, que son para nos moi útiles.

. Saúdos dende o estrenado Outono

A Directiva

**********************************************************************

 A Barcala a 04 de setembro de 2006

            Queridos Andoeiros:

             O terceiro domingo de mes (día 17) e coincidindo coa feira de Cambre, celebraremos a degustación. Como podedes supoñer, esa semán, é dicir dende o día 11 ata o 17 de Setembro é imprescindible a vosa colaboración para acadar o resultado desexado.

             Moitos socios pedironnos o nº da conta en Caixa Galicia co fin de realiza-los ingresos das cuotas correspondentes;  dito nº é o:   2091-0048-93-3040004953.    Si se opta por esta forma de pago, prégase nos fagades chegar unha copia do recibo de ingreso, para saber a quén corresponde o pago.

            Anticipamos tamén a celebración das decimoquintas xornadas de micoloxía, nas que esta Asociación colabora co Concello de Cambre. A inscripción para cualquera de estas Xornadas debe realizarse no Concello. Os socios que se inscriban en cualquera dos dous niveis (das referidas xornadas) e previa presentación do recibo de pago, percibirán de Andoa unha bonificación de SEIS (6) Euros.

Programa das xornadas micolóxicas (en outubro, ás 20:00 horas):

Cursillo de iniciación:

            Dia 2:  “Bioloxia dos fungos” (Jorge Santoro Membiela)

            Día 3:  “Cogumelos máis comúns en Galiza e os seus hábitats” (Marín Souto)

            Día 6:  “Recolección, conservación e cociña de cogumelos” (Manuel Costas)

Cursillo de perfeccionamento:

             Día 13:  “Creación dun xardín micolóxico” (Alfredo Justo)

             Día 14:  “Cogumelos dunares” (José Mª Marcote)

 

Tamén vos comunicamos as próximas saídas (dende o Campo da feira –Cambre- ás 09:00 horas, sen espera de cortesía):

             Sábado 23 de setembro: As Pontes de García Rodríguez.- Hai bus (os non socios pagarán CINCO euros). Cada un leva o seu xantar.

             Domingo 01 de outubro: Chelo (Betanzos).- En coches particulares. Cada un leva o seu xantar.

Iste ano tentaremos cociñar “in situ” os cogumelos que recollamos en algunhas saídas.

 A directiva

 

**********************************************************************

A Barcala-Cambre a 5 de xuño de 2006

Querid@s  Andoeir@s: Estas son as

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA ESTE VERÁN:

 Sábado 1 de xullo: VISITA A LOURIZÁN (PONTEVEDRA)

Ás 09:00 horas sairemos da praza do concello en autobús. Comeza a visita guiada (finca forestal moi interesante) ás 11:00 horas,  e durará arredor de dúas horas. Cadaún levará o seu xantar, que faremos, de ser bó o tempo, na praia de Arcade(ten arborado e por tanto sombra), senón é así xa teremos alternativa. Pola tarde visitaremos o castelo de Soutomaior (interesantes o edificio e a finca) e ó rematar voltamos para Cambre (calculamos que arredor das 20:00). O custo do bus é de 5 € por persoa, subvencionando Andoa unha parte;  ós que aínda non sexan socios, así como os convidados, pagarán 12 €.

Coma sempre, é imprescindible apuntarse, tendo de límite, o día 28 de Xuño, ás 22:00 horas.

O número de prazas é limitado, e cubriránse por orde de reserva e con preferencia dos socios.

Domingo 16 de xullo: RUTA BETANZOS-CANEIROS

              Ás 14:00 horas, sae a embarcación do paseo da Tolerancia. Cadaún leva a súa comida e ANDOA leva a bebida e o postre. Convén achegarse a Betanzos co tempo necesario para aparcar. O número de prazas é de 60 como máximo, e cubriranse por orde de reserva da seguinte maneira: ate o día 10 de xullo aceptanse reservas para socios. A partíres desa data, e ate o 13 de xullo, cubriranse as prazas vacantes con reservas de convidados. Como máximo admítese unha reserva de acompañante por socio.

O prezo é de 5 € por persoa, subvencionando Andoa unha parte, e pagando os convidados 12 €.   O seren as prazas limitadas, éstas cubriránse por orde de reserva, tendo preferencia os socios.

ANTICIPO DE ACTIVIDADES DE OUTONO:            

 Estamos a planificar a Degustación micolóxica (17 de setembro);  pensade que para o bon desenvolvemento da mesma precisamos de moitísima axúda.  A semán do Concello será para primeiros de outubro, é a fináis de dito mes queremos (Andoa) facer unha gran exposición. Para as actividades de outono esperamos propostas e colaboración de todo tipo (lugares de interese, preferencias de zonas,…etc.) 

 Recórdoche que é moi importante a puntualidade, estar anotado e ter confirmada a saída á que se queira asistir: faise chamando ó móbil de Andoa (699.15.03.69) en horario de 18:00 a 22:00 horas;  tamén podedes mandar un SMS, solicitando confirmación.

              O correo electrónico de ANDOA é: andoadecambre@yahoo.es;  podedes mandar a vosa dirección de correo electrónico para recibir información, modificar algún dato da ficha de socio ou comunicarse con ANDOA, e por suposto mandar suxerencias. Asimesmo, pedímosvos que nos actualicedes os números de teléf.  móbil, si dispoñedes deles, e de enderezo electrónico.

A páxina web de ANDOA é:  www.andoadecambre.com.es  e nela podedes consultar información da asociación, actividades e as circulares que se envían (pero aínda estamos en obras).

Estamos seguros de que algunha destas actividades será do teu agrado;  nos así o esperamos.

 Saúdos do mes de San Xoán. ¡lume!

**********************************************************************

A Barcala-Cambre a 17 de marzo de 2006

Querido Andoeiros/as: Os envíamos las propuestas para esta primavera en las que hemos estado trabajando:

Viernes 31 de marzo: LAS ALGAS  MARINAS
A las 20,00 horas, Javier Cremades (Profesor titular de la Universidade de A Coruña, laboratorio de algas marinas) impartirá una conferencia, en el salón de actos del local socio cultural de La Barcala, sobre las algas de las costas gallegas,  se complementa con salida el sábado día 1 de Abril a la zona de Muxía, para ver estas plantas acuáticas en su hábitat natural. Os recordamos la importancia de llevar ropa  y calzado adecuado, y muda por si “hay remojones". La actividad será “ilegal”, pues para ampararse en la ley, habría que hacer un montón de trámites ante distintos entes, que harían más compleja la salida. Por tanto nos limitaremos a nuestras amigas verdes, olvidando cefalópodos y moluscos varios. Enviaremos noticias a la zona para que sepan que somos unos “raríños” que apañan algas. Utilizaremos autobús al precio de 6 euros por persona, subvencionando Andoa una parte. Los que aún no sean socios, e invitados pagarán 12 euros.
La hora de partida, se fijará al  finalizar la conferencia, ya que hay que tener en cuenta el horario de las mareas, pero se calcula que habrá que estar en la “zona cero” a las 12,  Comeremos por la zona( intentaremos menú económico), cada cual paga lo suyo, y como siempre es necesario reservar el restaurante, se aceptan reservas hasta el día 29  a las 22:00 horas.


Viernes 7 de abril: HONGOS PRIMAVERALES, MORCHELLAS
              A las 20,00 horas, en el Local Socio Cultural de
La Barcala tendremos una conferencia sobre COGUMELOS DE PRIMAVERA, centrándonos en las morchellas especialmente, a cargo de Marcote o Traba (de la Asociación Pan de Raposo de Cee), charla que complementaremos con una salida el sábado día 8 de abril  por CHELO (Riveras del río Mandeo). Durante la conferencia se concretará la salida. Saldremos en vehículos particulares, llevando cada uno su comida que disfrutaremos en el entorno. Rogamos te apuntes antes del día 4 a las 22,00 horas.
 

Viernes 21 de abril: FOTOS Y PINCHOS!!!
A las 20, 00 horas, en el Local Socio Cultural de La Barcala os mostraremos un resumen del total de actividades llevadas a cabo durante el pasado año 2005 llamado EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS 2005, a la conclusión de la proyección degustaremos unos pinchitos. No faltes, es divertido.


Viernes 12 de Mayo: ETNOGRAFÍA BETANCEIRA, CULTURA GASTRONÓMICA
A las 21,00 horas, nos reuniremos en una Bodega de Betanzos a degustar el vino del país acompañado de unas viandas, cada uno llevará lo que crea conveniente( …que esté rico por favor) para compartir…(por eso….¡rico!) con el resto de compañeros. Andoa se encarga del postre. Saldremos en coches particulares y  se concretará la bodega en el momento de la inscripción. Por favor, tienes de plazo para apuntarte hasta el día
9 a las 22, horas.


Viernes 26 de Mayo: USOS COMPLEMENTARIOS DEL BOSQUE
A las 20,00 horas, en el Local Socio Cultural de
La Barcala se impartirá una CONFERENCIA a cargo de Antonio Rigueiro (Ex rector do Campus Universitario de Lugo, Profesor  de Producción Forestal) sobre el tema “USOS COMPLEMENTARIOS DEL BOSQUE: cogumelos, pequenos froitos e plantas medicinais”. Esta charla irá acompañada de una salida por CECEBRE (Encoro, río Mero) el sábado 27 de mayo. Se saldrá en vehículos privados. Cada uno se lleva sus manjares (lo dicho...) para degustar en el campo.


ANDOA va a realizar un pedido colectivo de libros temáticos, aprovechando que nos hacen un 15% de descuento en los mismos. El pedido se hará el día 8 de mayo.  Te adjuntamos un listado de Bibliografía Micológica para que elijas los que te interesan y nos lo comuniques antes de dicha fecha.
 Recordarte que nos juntamos para todas las salidas en el campo de la feria, enfrente del Ayuntamiento de Cambre y salvo que se indique lo contrario la hora de salida  en esta primavera será a las 10,00 horas, es muy importante la puntualidad y el estar apuntado a la salida a la que se quiera asistir, y esto se hace llamando al teléfono móvil de Andoa (699150369) en horario de 18:00 a 22:00 horas, también podéis mandar un SMS, solicitando confirmación.


              El correo electrónico de ANDOA es: andoadecambre@yahoo.es , podéis mandar vuestra dirección de correo electrónico para recibir información, modificar algún dato de la ficha de socio o comunicarse con ANDOA, y por supuesto mandar vuestras sugerencias.. Asimismo, os pedimos que nos actualicéis vuestros números de teléf.  móvil, sí disponéis de ellos, por cualquiera de estos medios.


Estamos seguros de que alguna de estas actividades será de tú agrado, nosotros así lo esperamos.


Saludos primaverales
La Directiva